Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Axudas Libros Texto 2014-2015

LibrosSegún a Orde da Consellería de Educación do 28 de maio de 2014 (DOG do 30 de maio de 2014)

  • Poderán optar a estas axudas o alumnado de Educación Primaria.
  • As solicitudes poden descargalas dende aquí.
  • Presentación de solicitudes durante o mes de xuño, na Secretaría do centro.

 A contía das axudas dependerá da renda per cápita familiar *:

Familias monoparentais:

• Ata 6.000 € de renda per cápita……170 €

• De 6.000 a 9.000 €…………………90 €

Resto das familias:

• Ata 5.400 € de renda per cápita…….170 €

• De 5.400 a 9.000 €………………….90 €

*Enténdese por renda per cápita a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade computable.

VER CONVOCATORIA

 

IMPORTANTE:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario)

2. O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).

3. Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.