Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Axudas Material Escolar - Fundación Amigos de Galicia

A Fundación Amigos de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que axuda ás familias en situación de carencia de recursos económicos, principalmente cando estas u. familiares teñen menores a cargo, pois como ben sabedes os nenos e nenas son maiormente vulnerables.

Nestes intres, a entidade está preocupada pola volta ó cole dos menores.

Dende Fundación Amigos de Galicia, estamos seguros de que, lamentablemente, hai rapaces e rapazas que non disporán de todo o material escolar que precisan para poder facer fronte á volta ó cole, por atoparse as súas familias en situación de carencia e/ou limitación de recursos económicos. Fundación Amigos de Galicia traballa para que ningún nen@ teña carencias nas súas necesidades básicas. Por tal, estamos á vosa disposición, para ofrecer unha axuda directa aos/ás nenos/as puidendo entregarlles mochilas con material escolar, de modo puntual, a aqueles/as que así o precisen de cara a cubrir as súas necesidades neste eido, sempre que ditas necesidades non estean cubertas mediante aportacións das administración públicas e/ou entidades sociais.

Fundación Amigos de Galicia cumpre coa Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro de Protección de Datos de Cáracter Persoal e calquer familia atendida será mantida no anonimato.

Facilitamos teléfono de contacto e correo electrónico da traballadora social responsable do programa;

+Info doutras axudas en : http://novocurso.ceipdelaredo.com