Premio Proxecta Innovación Educativa 2016-2017 Xunta de Galicia

Estamos de noraboa a consellería de educación e ordenación universitaria nos concede un dos seus prestixiosos premios de innovación educativa polo traballo realizado no curso actual 2016-2017 a prol da diversificación metodolóxica, traballo por proxectos e da posta en valor dunha xestión educativa comprometida coa calidade e as normativas ISO:

  • Proxecto Buguina Contaminación Acústica
  • Proxecto Roteiros Seguros
  • Selo de Calidade Centro Vida Saudable
  • Prevención de Riscos Educativos
  • Convivencia Escolar
  • ...e moitos maís.

O máis valorado dos proxectos e que aúnan un modelo educativo onde a empresa privada, as diferentes consellerías da xunta (non só a de educación), fundacións, así como iniciativas de índole particular son tamén axentes educativos que conflúen no día a día do centro.

O centro dotarase de recursos económicos, materiais e formativos que revertirán en mellorar a nosa proposta educativa pública para o vindeiro curso 2017-2018.

Moitas grazas a comunidade educativa en xeral por participar activamente nos proxectos expostos e ao claustro do centro en particular polo seu compromiso, profesionalidade, talento e implicación.