Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Programa Municipal de Conciliación Verán con SIMONA 2016

O luns 30 de maio abrirase o prazo para entregar a documentación do Programa Municipal de Conciliación- VERÁN CON SIMONA, que se desenvolverá durante o mes de xullo, do 1 ao 29 en horario de 09:30 a 13:30.

O prazo estará aberto ate o 20 de xuño e este ano a convocatoria non vai por orde de entrada, así as solicitudes pódense presentar de maneira máis gradual. Os criterios de selección especifícanse nas bases achegadas e, a partir de hoxe a última hora da mañá, teredes dispoñible na páxina web do Concello os formularios de inscrición.