Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Saída Teatro Infantil (27/05) Educ. Infantil+1º

Unha vez máis contamos coa colaboración do alumnado do ciclo de Ed. Infantil do IES de Chapela. Esta vez convídannos ao estreo da representación de teatro infantil na que están a traballar. Nela achéganse ao mundo dos nenos contando lembranzas propias da infancia, anécdotas e historias das que eles mesmos son protagonistas.

O espectáculo terá lugar o venres 27 de maio no Multiusos do Piñeiral do Crego (Chapela) e asistirán os alumnos de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria.

A saído da centro farase ás 10:40 horas e o regreso ao mesmo ás 12:20 horas.