AS QUINCE PRIMAVERAS DE MAMÁ CABRA: CONCERTO DIDÁCTICO PARA E.I.

Mañán o alumnado de educación infantil ten unha cita no Teatro García Barbón de Vigo para asistir ao concerto didáctico "15 primaveras con "Mamá Cabra". Ao longo dunha hora Mamá Cabra fará un percorrido pola historia do grupo musical e das súas mellores cancións. Un espectáculo diferente cun formato de "concerto-teatro" que fará aos nosos cativos encherse de ritmo e ilusión.