Colaboración Familias día da PAZ

O vindeiro 29 de Xaneiro celebraremos o Día da Paz no centro para elo pedimos ás familias colaboración.

O alumnado deberá traer unha caixa de cartón (zapatos, embalaxe, grandes, pequenas....) forra-da/pintada/decorada con motivos alegóricos a PAZ: unha canción, uns debuxos, unhas verbas...

As mencionadas caixas de cartón exporanse no corredor do centro e nas aulas para posteriormente facer dinámicas de construcións con elas tipo pontes que unan persoas, lugares e sentimentos.

Prégase traer a caixa ao centro como data límite o 25 de Xaneiro. Un saúdo e grazas por adiantado pola vosa colaboración.

Acceso a todas as circulares do centro.