Laredo Plurilingüe: "Alice" teatro en inglés (3º ciclo - 14/01)

O vindeiro xoves 14 de xaneiro, o alumnado do terceiro ciclo de primaria asistirá, ao auditorio García Barbón de Vigo para asistir á obra teatral “Alice”.

Representada en lingua inglesa pola compañía Blue Mango Theatre, é unha activiade excepcional coa que mellorar a competencia lingüística do noso alumnado neste lingua.

A obra ten como base a afamada historia de Lewis Carrol. Así, cando Alice queda durmida intérnase nun mundo máxico no que vai atopando diferentes e extravagantes personaxes... Ao longo da súa viaxe polo país marabilloso aprende moitas cousas sobre as tradicións do mundo anglosaxón: Halloween, San Valentín, o Nadal, San Patricio...

Mais, chegará Alicia a tempo para o té? Só se os nosos nenos e o noso público a axudan.