Comedor

ALMORZOS

Como resposta a solicitude da comunidade educativa, este ano o servizo de almorzo terá o seguínte horario:

  • 08:00* a 09:00 horas *Existe a posibilidade de comezar as 07:30 previo aviso ao teléfono do ANPA

Dando a posibilidade tamén de que os nenos/as veñan xa almorzados e únicamente se dispoña do servizo da coidadora.

  • 07:30-08:00 con almorzo=3€ sen almorzo=2,50€
  • 08:00-09:00 con almorzo=2€ sen almorzo=1,50€

COMIDAS

As familias do alumnado que eventualmente usen este servizo deberán comunicalo antes das 19:00h do día anterior. Informamos aos pais que se esta tramitando a subvención (a cal baixaría o prezo de comidas). Informarase cando a concesión sexa favorable mediante circular.

  • Precio incluído= 3,00€

POR UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Dende o curso 2006-07, decidiuse no Consello Escolar establecer un calendario de merendas (de cumprimento voluntario) para axudar ás familias na súa tarefa de fomentar hábitos alimenticios variados e saudables. Este ano, a mencionada dinámica vese refrendada dentro das accións da actual Lei de Seguridade Alimentaria e Nutrición. O calendario de merendas do actual curso unifícase coa etapa de Educación Infantil quedando como segue:

  • LUNS: galletas, tipo María.
  • MARTES: lácteos.
  • MÉRCORES: froita (unha ou dúas pezas)
  • XOVES: bocadillo pequeno.
  • VENRES: día libre (poderase traer calquer alimento a excepción de pasteles. bollería ndustrial e chucherías)