Neste curso seguimos co sistema de préstamo de libros e fomento da lectura coas seguintes premisas:
- Os préstamos realizaranse no recreo dos luns e venres.
- Encargarase desta tarefa o alumnado de 5º e 6º, supervisado polo profesorado.
- Os libros que se perdan ou se estraguen serán restituídos ou pagados
- A biblioteca permanecerá aberta pola tarde de 16:00 a 18:00 horas, só para consultas ou lectura de libros da Biblioteca.
- Coma novidade, este ano poderanse utilizar os tres ordenadores da Biblioteca para realizar traballos, consultas….
- Non estará permitido o acceso ás redes sociais. Na biblioteca manterase o silencio e respectarase o tempo de lectura dos demais.