Probas de Avaliación Diagnóstica 3º PRIMARIA (SIMULACRO 11-12 Maio)

  • 1.1 Que é a proba de diágnostico?

É unha avaliación individualizada xeral para todo o alumnado que cursa terceiro curso de primaria na Comunidade Autónoma de Galicia; está regulada polo actual marco lexislativo estatal LOMCE e concretada pola Resolución do 24 de abril de 2015 da DXFPIE da Consellería de Educación.

Ten caracter informativo e orientador e ten por finalidades:

 

  • Aportar información individualizada do alumno avaliado.
  • Aportar información e orientar aos centros en función dos resultados.
  • Aportar información ás familias é a administración educativa sobre a aprendizaxe do alumnado. Avaliarase o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación as competencias matemáticas e lingüísticas.

 

  • 1.2 Cando se realizará no centro?

A devandita PROBA OFICIAL REALIZARASE DURANTE O 27- 28 DE MAIO:

  • 27 Maio: Competencia en comunicación Lingüística (I) e Competencia Matemática (I)
  • 28 Maio: Competencia en comunicación Lingüística (I) e Competencia Matemática (II)

Ao longo de toda a xornada con descansos pertinentes de 20/30 minutos.

  • 1.3 Cando se fará un simulacro no centro?

O CEIP de LAREDO dentro das medidas de prevención, información e práctica de devandita proba realizará unha PROBA PILOTO OS DÍAS 11 E 12 DE MAIO con probas similares ás oficiais, para que o alumnado aprenda a xestionar os tempos, os formatos das preguntas, aprenda a priorización de preguntas e se planifique. Prégase ás familias que incidan no alumnado na importancia de devanditas probas (SIMULACRO e OFICIAL) e facilitar a súa atención, concentración e sensibilización sobre a mesma.

AdxuntoTamaño
avaldia2015.pdf201.17 KB