Obraodoiro de Xogos Musicais "Luís Prego" no Multiusos para Educ. Infantil (27/02)

Na súa representación, Luís Prego pretende afondar un pouco máis nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos, entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. O tratamento das cantigas e recitados que presenta foron escollidos con moito cariño e se reparten en oito grupos segundo sexa o seu tema: arrolos, esquema corporal, xogar cos dedos da man, cantigas e recitados para quecer o corpo e aloumiñar, xogos no colo, os números e as letras, os animais, cantigas recitadas e contiños, xogos en movemento e xogos para bailar e moverse ao compás.

  • Data: venres, 27 de febreiro.
  • Lugar: Multiusos Puñeira do Crego. Chapela
  • Etapa: Educación Infantil.
  • Obra: “Xogos musicais con Luis Prego”