Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Festa de Nadal 21/12

Estimadas familias;

Chega o final do trimestre e do ano, e hai que celebralo por todo o alto.

Como é costume, o día 21 de decembro faremos a nosa particular festa de FIN DE ANO, con cotillón, Lotaría de Nadal, merenda especial e todos e todas vestidos coas nosas mellores e máis elegantes galas.

O alumnado deberá traer o seu cotillón e una pequeña merenda navideña que degustará ( pero non compartirá) cos seus compañeiros, sempre mantendo as medidas anticovid!

Moitas grazas pola vosa participación e que teñades un feliz Nadal e Aninovo!