Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Apúntate ao Club de Ciencias 2021-2022

 

Apúntate na nova convocatoria do Club de Ciencias 2021-22 dentro das dinámicas do centro incluídas no noso proxecto anual “LAREDO XOGAMOS...coa CIENCIA”, que pretende traballar o ámbito científico, químico, creativo e tecnolóxico.

1.1 FINALIDADE

Traballar as materias STEM (science, technology, engineering y mathematics) en base a proxectos lúdicos de ciencia e experimentación onde haberá un fomento da presencia feminina (discriminación positiva) neste eido científico-tecnolóxico. O alumnado pertencente ao clube, realizará experimentos didácticos (fluídos, materias, ópticos, motrices…) elaborará proxectos baseados nas matemáticas/tecnoloxías e construirá/creará obxectos con diferentes soportes e ferramentas.

1.2 PRAZAS 15 prazas

1.3 DATAS/LUGAR/HORAS

  • De Xaneiro 2022 a Maio 2022. ▪ Todos os Lunsde 16-17h – Usos Múltiples.
  • A cargo de dinamizadores e especialistas do sector.
  • Actividade 100% subvencionada polo centro educativo

1.4 CRITERIOS SELECCIÓN

  • Priorizaranse os cursos 3º+4º+5º+6º por esa orde.
  • Ponderarase o criterio da presenza feminina (tal e como aparecen reflitidos nas bases da convocatoria da Consellería)

1.5 NORMAS ▪

  • Establecerase un compromiso de participación das familias ao inicio das actividades do club.
  • A falta dunha sesión sen causa xustificada, ausencia de participación/interese na mesma e/ou condutas inapropiadas causará baixa inmediata.
  • Establecerase unha lista de espera do alumnado que se activara en caso de baixa