Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Recollida Solidaria de Xoos e Xoguetes (1-10 decembro)

Estimadas familias;

Como quen non quere a cousa, xa estamos ás portas do Nadal! E como primeira actividade deste intenso mes, imos facer unha RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGOS E XOGUETES para celebrar o DÍA DA SOLIDARIEDADE que tamén conmemoramos nestas datas.

Como o alumnado de educación Infantil xa trouxo no més de outubro ( pero poden traer de novo!), convidamos especialmente a todo o alumnado de Primaria para que faga un espurgo entre os xogos e xoguetes “vellos” e en bo estado para que outros nenos e nenas os poidan disfrutar… e para facer sitio nas casas para os novos que chegarán!

Podedes traer os XOGOS e XOGUETES ata o VENRES 10 e depositalos nunha caixa na entrada do cole.

Moitas grazas pola vosa colaboración!