Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Contacontos e taller para nenos/as 3-9 anos, apúntate!!!

“Peúgo, o calcetín melenudo”: presentación de libro, contacontos e taller para nenos e nenas na Biblioteca Municipal de Redondela A Biblioteca Municipal de Redondela únese á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller cunha actividade infantil ao redor do álbum ilustrado “Peúgo, o calcetín melenudo”.

Trátase dunha proposta na que a presentación do libro vai acompañada dun contacontos e mais un taller, e que será realizada pola propia autora: Jessica Rodríguez Piñeiro, profesora en Fornelos de Montes e nominada en dúas ocasións aos premios Educa-Mellor Docente de España.

  • Para nenos e nenas de 6 a 9 anos Será o 25 de novembro, ás 18:30 h., na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela (986 401561)
  • Para nenos e nenas de 3 a 6 anos Será o 2 de decembro, ás 18:30 h., na Biblioteca P.M. Xela Arias de Chapela (986 454226)

De balde Para participar precísase inscrición na biblioteca 

Máis información: https://bibliotecas.redondela.gal/peugo-o-calcetin-melenudo-presentacion-contacontos-e-taller/?fbclid=IwAR36CWK8GZXR4ccjI8_XOtR8UhOiCFeB1f5TlATEf6FfZUpsrx7ZuM0Edvs