Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Matemaxia 19/11 5º+6º EP

Neste espectáculo - obradoiro O Mago Paco mestura dúas disciplinas, as matemáticas e a maxia, que a priori podemos pensar que non teñen nada en común e ata parecen contrapostas, pero nada máis alonxado da realidade e través desta actividade O Mago Paco demostrará o moito que teñen en común e o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida. Coa axuda deste mago un tanto tolo e fascinado polas mates, as nenas e nenos participantes conseguirán atopar e sentir moi de preto a maxia que existe dentro dos números, das operacións, da xeometría, da estadística, etc.

Descubrindo algúns dos porqués da maxia coa axuda de explicacións matemáticas, demostrando que esta disciplina, as veces tan pouco motivadora para os alumnos e alumnas, está chea de sorpresas que descoñecemos e que a convirten nunha asignatura fascinante.

Un espectáculo adaptado o currículo educativo que trata diversos contidos do mesmo dunha forma práctica, dinámica e moi entretida, interactuando constantemente cos rapaces e rapazas, facendoos participes, complices e protagonistas de cada experiencia ou momento fantástico. Todo isto fai dela unha actividade idónea para levar a cabo nos centros escolares.