Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

RETO 3: A Música dos Xogos e os Xogos da Música // Credencial da Lingua

Quen non xogou algunha vez á corda, á goma, ás mans,…e non cantou unha cantiga para acompañarse?

Por desgraza, aquelas que se cantaban en lingua galega, que eran moitas, están desaparecendo. E non queremos! Non queremos que desaparezan!

Por iso, o terceiro reto deste curso vai ser o seguinte: Facer un audio ou vídeo cun RECITADO, CANTIGA, RETROUSO, XOGO DE PALABRAS,… en LINGUA GALEGA que se usara para XOGAR ao cabaliño, coas mans, coa corda, coa goma, coas tabas,… e envialo a musica@ceipdelaredo.com antes do día LUNS 22 de novembro, o DÍA DA MÚSICA.

Podedes facer un por familia.

Gañaredes un novo carimbo para a vosa credencial e contribuiredes a que non se perda o fermoso costume de cantar ao xogar...en GALEGO!