Festa do Samaín 29/10

Estimadas familias;

Este venres a rapazada pode vir disfrazada ao cole, pero pregámosvos que os disfraces elexidos sexan o máis cómodos posible e con poucos accesorios, pois por protocolo COVID non poden andar ciscados polo chán nen compartirse.

Poden traer perrucas, gorros e máscaras que poidan quitar e gardar nas mochilas. Todos os demais accesorios seranlles retirados ao chegar á aula e restituídos ao marchar á casa. A merenda será individual, pero convidámosvos a que traian unha " merenda terrorífica" para facela especial.

Cando rematen as clases, lembrádevos de recoller as vosas cabazas, pois as que queden no centro irán para o lixo. grazas pola vosa colaboración e...Feliz Samaín!