Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

ANPA: Asamblea Ordinaria 10/09 19:30h

Estimadas familias: Esperando que todos estedes ben neste arranque do novo curso 2021-22 convocámosvos dende a ANPA PENEDOS a unha Asamblea Ordinaria o próximo 10 de Setembro as 19:30 no Centro na que se tratarán os seguintes asuntos:

o Benvida as familias, en especial as novas no centro.

o Situación actual da ANPA o Apertura de novas candidaturas e / ou incorporacións ao equipo existente.

o Votación en caso de candidaturas múltiples e conformación definitiva da Directiva da Anpa.

o Publicación Contas.

o Organización Comedor.

o Actividades Extraescolares.

o Rolda de preguntas.

Dada a importancia dos temas a tratar, pregamos a asistencia de todos os pais /nais.

A reunión será presencial en espacio aberto (soportais da entrada principal) e mantendo as medidas de distancia social e protocolo COVID.