Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

RETO 8: AS PLANTAS MEDICIÑAIS E O CAMIÑO DE SANTIAGO

 

Dende tempos inmemoriais , cando non se coñecían as medicinas como temos hoxe en día en forma de pírulas, xaropes ou cremas, os peregrinos utilizaban as plantas mediciñais para curar as súas enfermidades mentres facían o Camiño de Santiago. Que plantas usaban e para que? Pois Romero ( para dores articulares, cicatrizante, tonificante do corpo,…); tomiño ( desinfectante, para os resfriados, para eliminar parásitos intestinais,…); violetas ( expectorante, perfumador,…); ourego ( para catarros, dores de moas,…); árnica ( antiinflamatorio, refrescante,…); aloe vera ( queimaduras, torceduras, dores musculares, picaduras, herpes, …) e moitas outras. O reto que vos lanzamos este mes de abril, con motivo do DÍA MUNDIAL DA SAÚDE ( 7 de abril) pode facerse de dúas maneiras;

FORMA 1: Buscar unha planta mediciñal do voso entorno, facer un cartel co seu nome en lingua galega e quitarvos unha foto na que aparezan a planta, o cartel e vós. Mandar a foto por correo a musica@ceipdelaredo.com ( Esta actividade é indicada para Infantil, 1º e 2º ).

FORMA 2: Investigar en internet, en libros ou preguntar á xente maior do voso entorno sobre as propiedades mediciñais de algunha planta . Escribir a información nun folio xunto cun debuxo da planta e mandar unha foto do traballo ao correo musica@ceipdelaredo.com ou entregar o traballo á profesora de Música. ( Esta actividade está pensada para 3º, 4º, 5º e 6º ). Con todos estes traballiños faremos o noso propio “Herbario das plantas mediciñais do Camiño de Santiago”.

Animádevos a participar porque descubriredes datos moi interesantes! Lembrade que ten que estar en LINGUA GALEGA para conseguir un novo carimbo na vosa Credencial da Lingua!.

Data tope de entrega: mércores 7 de abril.