Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Reserva Praza IES 6º EP

 

Como xa adiantamos na reunión do inicio de curso, o CEIP de Laredo é centro adscrito ao IES de Chapela o que garante que todo o noso alumnado ten asegurada a admisión en dito centro para realizar os estudos de Ed. Secundaria. E ábrese agora o prazo para solicitar ou rexeitar a praza que o voso fillo/a ten reservada no IES de  Chapela. 
 
Segunda a vosa opción, os pasos a seguir son indicados a continuación: 
 
Alumnado interesado en cursar 1º da ESO no IES de Chapela: 
 
Teredes que entregar á titora, debidamente cumprimentado, o anexo que levaron hoxe. 
En dito anexo, un apartado que xera dúbidas con bastante frecuencia, xa o cubriron a lapis os vosos fillos/as coa nosa axuda. O prazo de entrega remata o 5 de febreiro.
 
Coa entrega do anexo, farase efectiva a reserva de praza e quedará automaticamente garantida. 
 
O seguinte paso será formalizar a matrícula no IES de Chapela, no mes de xuño,  unha vez rematado o curso. Chegado o momento, informaremos detidamente.
 
Alumnado non interesado en cursar 1º da ESO no IES de Chapela: 
 
Se non se entrega en prazo o anexo enviado, considérase que renunciades á praza que o voso fillo/a ten reservada no IES de Chapela. Será suficiente con non entregalo para facer efectiva a renuncia a dita praza. 
 
O seguinte paso será presentar a solicitude de admisión no centro no que esteades interesados. O prazo para facelo abrangue do 1 ata o 22 de marzo. 
 
Tramitar dita solicitude non garante praza vacante para o voso fillo/a (pois non é o noso IES adscrito) polo que recomendamos cubrir máis dunha opción e poder ampliar as posibilidades. 
 
É importante que teñades en conta que non se pode simultanear a reserva de praza no IES de Chapela coa solicitude de admisión noutro centro diferente
 
 
Calquera dúbida, resolvémola sen problema. 
 
 
Bo comezo de ano. Saúdos,