Estimadas familias; Xa chegou o Nadal ao Laredo e, como cada ano, pedimos a vosa axuda para decorar a nosa árbore .
Este ano queremos que decoredes CUNCHAS DE VIEIRA, o símbolo dos Peregrinos do Camiño de Santiago.
Podedes decoralas con pintura, purpurinas, pegatinas, …e todo o que queirades! Lembrádevos de facerlle un burato á cuncha e poñerlle un fío para penduralas da árbore. Podedes traelas ata o día 11 de decembro e, de premio, teredes un novo carimbo na Credencial da Lingua!
Amais desta actividade, lanzamosvos unha pregunta; Por que a cuncha de vieira é un símbolo do Camiño de Santiago?
Se o sabedes, mandade a resposta explicándoo a musica@ceipdelaredo e teredes outro carimbo na vosa credencial ( se está en lingua galega, claro!).
Podedes facelo por escrito ou cun video. Equipo de Dinamización Lingüística