Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Actividade 1 Credencial da Lingua "Samaín 2020: Contos de medo no Camiño de Santiago"

Ola Familias! Xa estamos casi no Samaín e, a pesares de que a situación xa é terrorífica de por sí, imos facela aínda máis espantosa!

Para iso precisamos que escribades UN CONTO DE MEDO ambientado no CAMIÑO DE SANTIAGO.

Lembrade todas as lendas e historias que se contan arredor do Camiño e dos Peregrinos que por el transitan!... Deberedes inventar un conto e escribilo e ilustralo nunha carilla dun folio ou documento e envialo por correo ( a foto ou documento) a bibliolaredo@ceipdelaredo.com ou musica@ceipdelaredo.com . Todos os contos recibidos serán publicados na páxina do cole, por iso é necesario que coidedes moi ben a súa presentación e corrección ortográfica!.

E lembrade que teñen que estar en LINGUA GALEGA para poder recibir o voso carimbo na “Credencial da Lingua”! Tedes de plazo para entregalo ata o día 23 de outubro. Animádevos a participar! Biblioteca e E.D.L. do Ceip de Laredo .