Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

ANPA: Sesión inaugural Antaruxas Club de Lectura 07/10 17h (Videoconferencia)

Unha vez pechado o prazo de inscrición, convidamos aos participantes do clube a sesión inaugural que terá lugar: 

  • Data: Mércores 07/10
  • Hora: 17h
  • Lugar: Videoconferencia (enlace enviado aos mails dos participantes: 11 alumnos e alumnas, 6 nais e pais e 2 docentes.)

Máis información na circular enviada a cal recolle a información das actividades para o 1º trimestre.

  • Recomendamos que accedas aos enlaces que se proporcionan na circular para formarte unha idea das características dos dous títulos que escolleremos nesta sesión inaugural e sobre os que traballaremos os próximos meses.
  • Agardamos poder contar coa visita das autoras (presencial ou virtual, segundo as circunstancias aconsellen ou a súa dispoñibilidade permita).
  • Para resolver calquera dúbida sobre o funcionamento do club non dubides en escribir a nosa conta: clublectura@ceipdelaredo.com

Agardo que este camiño de lecturas compartidas que abrimos sexa moi ventureiro.

Moitos abrazos. Manuel Bragado Coordinador do Club