ANPA: Participa no noso Club de Lectura 2020-21

PARTICIPA E INSCRÍBETE ALUMNADO 2º E 3º CICLO / E FAMILIAS DE CALQUER ETAPA
(Se o pai/nai ten fillo/a de 1º Ciclo ou de Infantil haberá servizo de canguraxe)

CLUB DE LECTURA 

Club de Lectura interxeracional apadriñado polo noso "Benquerido Orientador", no que se convida a participar ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria, ao profesorado e familias (pai, nai, avós,irmáns...).

As actividades de Igualmente Club de lectura de Laredo formarán parte do programa anual da Biblioteca do CEIP Laredo (PLAMBE).

Prazas: 15 Previa inscrición.
Compromiso de participar en dúas de tres sesións virtuais (cada dúas
semanas):
1ª: Presentación da obra por parte da coordinadora
2ª: Reunión de debate
3ª: Encontro coa autora (virtual ou presencial, segundo dispoñibilidade).

O club proporcionará exemplares e material de cada un dos títulos a cada membro de maneira gratuíta.

CARÁCTER
Presencial (biblioteca do centro) e virtual (na canle Meet do centro).
Sesións de 50 minutos.

CALENDARIO

  • Sesión inaugural (presencial): 7 de outubro, 17:00 horas,
    presentación de títulos a cargo do coordinador e escolla de dous
    deles. Duración 50 minutos.
  • 2ª sesión: 21 de outubro (virtual), debate sobre o primeiro título.
  • 3ª sesión: 4 de novembro (presencial), encontro coa autora.
  • 4ª sesión: 18 de novembro (virtual), debate sobre o segundo título.
  • 5ª sesión: 2 de decembro (presencial), encontro coa autora.
  • 6ª sesión: 16 de decembro (carácter por determinar), presentación
    de novos títulos e escolla de dous deles para o seguinte trimestre.

- As datas e horario poden estar sometidas a modificación, previo
acordo dos participantes.
- Podería establecerse unha colaboración coa Biblioteca Pública Xela
Arias de Chapela.
- Durante a realización de actividades presenciais (en caso de familias con nenos pequenos), funcionaría un servizo de atención a menores (Infantil+1º+2º)

LIBROS A TRABALLAR

  • Pioneiras. Galegas que abriron camiño (Xerais, 2018) , Anaír Rodríguez, álbum 32 páxinas. Tema: empoderamento. Dispoñibilidade da autora para participar de forma presencial. Podería traballarse na biblioteca de 3º a 6º de EP.
  • Maruxa (OQO, 2014), Eva Mejuto, álbum, 28 páxinas. Tema: tarefas domésticas e machismos. Dispoñibilidade da autora para participar de forma presencial. Podería traballarse na biblioteca de Infantil a 1º ciclo de EP.
  • Mamá, quero ser Ziggy Stardust (Xerais 2018) , Iria Misa, novela, 224 páxinas. Tema: LGTBI. Dispoñibilidade da autora para participar de forma presencial. Podería traballarse na biblioteca de 5º a 6º de EP.
  • O lado do que dormes (Xerais 2019) , María Canosa, novela, 200 páxinas. Tema: conciliación. Dispoñibilidade da autora para participar de forma virtual.