Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Procedemento de Matrículas 2020-2021

 

Ante as chamadas recibidas estes días de novas incorporacións aclaramos: 

- As 18 familias preinscritas antes do estado de alarma e confinamento polo COVID-19 , están correctamente rexistradas e deberán esperar ás resolucións oportunas provisionais/definitivas. (xa recibiron o seu correspondente mail de aviso/información)

- As familias que non puideron entregar a documentacion por mor do confinamento, informar que unha vez que rematado o confinamento terán tempo suficiente para formalizar a preinscripción de maneira reglada. 

----

Xustificación Legal: 

Disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.