Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Importante: Pautas traballo para familias/alumnado [actualización, 24/03]

 

Despois da reunión virtual do equipo docente na que se valorou o desenvolvemento do programa de actividades e orientacións «Dende Casa» e o anuncio da ampliación prevista do estado de alarma até o 11 de abril, o centro reitera o seu compromiso de acompañamento educativo e emocional ao alumnado e as familias durante este período, difícil para todos. 

  • O centro continuará coa publicación na súa páxina web de luns a venres de propostas de actividades flexibles para cada un dos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria e adaptadas tanto ao currículo vixente como ás circunstancias do período de confinamento.
  • Estas actividades curriculares non serán avaliables e priorizarán os ámbitos máis competenciais e vivenciais.
  • Recoméndase que para a realización destas actividades cada familia/ alumnado acorde un horario de traballo adaptado as súas condicións. Con todo, o centro continuará realizando cada día unha proposta horaria desta rutina de traballo.
  • O centro continuará propoñendo a realización de retos e actividades voluntarias de fomento da lectura dirixidas ao alumnado de todo o centro, que potencien o ámbito emocional e a pertenza á comunidade educativa de Laredo. Estas propostas formarán parte do programa Biblio na Casa.
  • Durante as vacacións previstas no calendario escolar anual, o centro proporá só a realización de retos voluntarios e outras actividades de lecer en familia.
  • O centro continuará ofrecendo orientacións semanais para o mellor desenvolvemento posible da corentena, con atención preferente ao Alumnado con Necesidades de Apoio Educativo.
  • Todo o equipo docente permanecerá á disposición das familias nos seus correos electrónicos, chat de aula e chat de centro.
  • As titorías continuarán coa súa comunicación co alumnado polos medios telemáticos dos que dispón o centro.

Apertas a todos e todas.