Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Escola de Familias: Obradoiro de Prevención Drogas

A Escola de Familias do CEIP de Laredo levará a cabo o vindeiro 18 de febreiro ás 17 horas, un faladoiro que leva por título:

Que deben saber as familias sobre as drogas? e que versará sobre a prevención das adicións ao alcohol e as drogas.

Da man de profesionais da Asociación Érguete, expertas na materia, tratarán de proporcionar ás familias diversas ferramentas para evitar e controlar situacións desta índole dentro do núcleo familiar.

Apuntádevos: 

É preciso preinscribirse no taller cubrindo este formulario.