Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Obradoiro de Prevención Drogodependencias 6º EP (06/02)

O vindeiro xoves 6 de febreiro o alumnado de 6º de Educación Primaria participará dun programa de Prevención das Drogodependencias da man da Asociación Érguete e do Concello de Redondela. O programa, de tres sesións de duración, será levado a cabo por especialistas no campo da educación e do tratamento de adicións, e ten como obxectivo prepara ao alumnado para anticipar e afrontar situacións de risco no consumo de drogas ou outras sustancias aditivas, fomentando hábitos de vida saudable.

A última sesión, dirixida as familias terá lugar o vindeiro 18 de febreiro na Escola de Pais do CEIP de Laredo.