Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Saída Didáctica Museos Coruñeses: EI+1º+2º (27/01)

O vindeiro luns 27 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria ten programada unha saída didáctica á Coruña para visitar diferentes museos da cidadeatendendo a seguinte planificación:

  • 09:00 h: Saída colexio.
  • 11:00 h: Chegada a Coruña e visita ao Acuarium Finisterrae.
  • 12:30 h: Saída Acuarium Finisterrae.
  • 13:00 h: Chegada ao Domus (Casa do home) e comida (picnic no comedor).
  • 14:45 h: Visita Domus.
  • 15:30 h: Saída Domus.
  • 17:30 h: Chegada estimada ao centro.

Mencionada saída será subvencionada nun 40% polo centro.

* O alumnado de 3º+4º+5º+6º realizará unha actividade semellante no mes de Febreiro