Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

II Maraton Solidario 2020

Grazas a iniciativa de Gotas para Niger de UNICEF - SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) o vindeiro Venres 31 de Xaneiro, Día da Paz, celebraremos o noso II Maratón Solidario, se o tempo o permite.

O alumnado durante esta semana realizará actividades de sensibilización nas aulas sobre o programa de UNICEF e buscará "Patrocinadores" para que apoien a súa carreira nesta Maratón . Así mesmo as familias están convidadas a participar na carreira previo paso da adquisición do dorsal no ANPA e posterior convivencia no centro.

Teremos obsequios con precios solidarios a cargo de UNICEF-SOGAPS Todo o recadado será destinado a causas humanitarias!!!

Especiais agradecementos a Marta Andrade (UNICEF), Patty (SOGAPS), Ponteseca Trail Team, Deputación Pontevedra e Concello de Redondela...e membros de ANPA por impulsar está iniciativa que vai cobrando forma outro ano máis.

+ Info (Provisional): http://maraton.ceipdelaredo.com

P.D.:Está maratón non sustitúe a tradicional Maratón de Chapela - Día das Letras Galegas, que este ano celebrarase no IES de Chapela