Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Proxecto SNAPPET 3º+4º EP

O centro comezará esta semana co Proxecto SNAPPET, de habilidades tecnolóxicas básicas nas áreas instrumentais, Linguas (ESP, GAL, ING) e Matemáticas. Así pois, tal e como se fixo o ano pasado, o alumnado de 3º+4º disporá dunha tablet de uso exclusivo no centro grazas a cal poderá acceder a exercicios de reforzo adaptados ao ritmo e capacidades de cada alumno/a. 

Así mesmo cada alumnado poderá acceder dende as súas casas a unha plataforma graza a cal poderás seguir realizando diferentes rutinas e exercicios adaptados e personalizados.

O acceso a plataforma realizarase dende o apartado http://edixgal.ceipdelaredo.com - SNAPPET (conta de correo e contrasinal do alumnado) sendo este proxecto unha iniciativa  preparatoria para o traballo en liña con libros dixitais en 5º+6º dentro do proxecto EDIXGAL existente no centro