Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Obradoiro poesía Visual 5º EP (15/01)

O vindeiro mércores 15 de xaneiro, o poeta David Fernández Rivera visitará o noso centro educativo para desenvolver un Obradoiro de Poesía Visual para o alumnado de 5º de Educación Primaria. Nos seus obradoiro, David pon especial énfase na vontade de levar un mundo tan especial como o da creación poética aos máis pequenos, pois considera imprescindible unha educación que forxe ferramentas nos alumnos para gozar de todo tipo de manifestación artística en plena liberdade. O que David busca é un cambio de perspectiva no neno para algo tan importante para construír a súa identidade e pensamento como o é a poesía. E é que desde a poesía visual, o pequeno chega a comprender que a poesía é inabarcable e que pode e debe chegar a espazos tan interesantes como o son o son, o teatro ou a danza. De feito, un dos alicerces deste traballo é o da potenciación das capacidades innatas dos cativos para poder crecer cos ollos máis abertos.