Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Obradoiro "Tesouros do Mar" 1º+2º (19/12)

Mañá, xoves 19 de de decembro, o alumnado de 1º e 2º de Educación de Primaria, visitará o Museo do Mar (Vigo) para participar no obradoiro que leva por título: "Os tesouros do mar". O noso alumnado coñecerá de primeira man a diversidade mariña da nosa ría a través da visita ao acuario do museo.

Tamén levará a cabo diferentes actividades na aula didáctica do mesmo onde poderán tocar distintas mostras de animais que habitan nas nosas costas.