Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Obraodoiro Postais de Nadal (13/12)

Velaquí chega a nosa primeira proposta de Nadal na programación das bibliotecas municipais!

Se es un/a artista, tes entre 4 e 10 anos, e queres felicitar as festas aos teus amigos e familia como se merecen, este taller é para tí.

Aprenderás novas técnicas, o uso de ferramentas especiais e a forma de combinar cores e estilos para que as túas postais sexan xeniais!!! Só tes que te apuntar na Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela.

A cita é o venres 13 de decembro, ás 18:30 h.

Lembra traer un mandilón para non mancharte!

Prazas limitadas.