Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Obradoiros InfoNadal 2019

Un ano máis coa chegada do Nadal, o alumnado do centro participará nos obradoiros promovidos polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC), dentro do Programa InfoNadal Consumo2019, e que na presente edición leva por título: “Este Nadal, menos é máis. Por un consumo responsable”.

O programa pretende atender dun xeito especial os aspectos informativos sobre o consumo nestas datas, co fin de garantir que se cumpran os dereitos das persoas consumidoras.

Segundo o nivel do alumnado, desenvolveranse as seguintes propostas:

  • Ed. Infantil + 1º: Pido, pido...con sentido! Trátase da narración dun conto que ten como finalidade promover unha escolla de agasallos non influenciada pola publicidade e o xénero, afondando na elección dos xoguetes seguros e sen riscos. Para isto, cada nena e neno creará o seu propio xoguete.
  • 3º, 4º, 5º e 6º E.P.: Publicidade e agasallos, que pido este ano? Iniciarase a sesión cunha charla participativa na que as nenas/os reflexionarán sobre como inflúe a publicidade na elección dos agasallos e a importancia de coñecer as características reais dos produtos. A continuación, crearán un cartel publicitario sobre un produto novidoso destas datas, tendo en conta o traballado.