Obradoiro de EcoPercusion 5º+6º (18/19-11)

Hoxe luns 18 e mañá martes 19 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, participará nun obradoiro de batucada para celebrar a Semana da Música.

O obradoiro correrá a man de Didier, mestre en percusión titulado polo conservatorio de música José White de Camagüey (Cuba). Exporá previamente os seus instrumentos de ecopercusión para logo reproducilos con cubos e bidóns co alumnado. Rematarán a sesión coa práctica dalgúns ritmos do máis animados e creativos.

Máis info: http://www.ecopercussion.es/servicio/obradoiros-de-percusion-con-refugallo/