Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Matemaxia 4º+5º+6º (06/11)

O vindeiro 6 de novembro, co gallo da celebración da Semana da Ciencia en Galego, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, participarán no espectáculo-obradoiro "Matemaxia" da man do Mago Paco. Ao longo da sesión o Mago Paco conseguirá mexturar dúas disciplinas, as matemáticas e a maxia, que a priori que non teñen nada en común. E os nenos poderán experimentar a maxia que existe nos números, nas operacións, na xeometría, na estadística... descubrindo algúns dos porqués da máxia con axuda de explicacións matemáticas, amosando que esta disciplina, as veces tan pouca motivadora, está chea de sorpresas que descoñecemos e que a converten nunha asignatura fascinante.