Teatro "Historia dun ovo perdido" 1º+2º (16/10)

O vindeiro mércores 16 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, asistirá ao Multiusos da Xunqueira de Redondela para asistir á representación teatral: “Historia dun ovo perdido” da man de Ocelot Teatro.

Ocelot teatro é unha compañía teatral que foi fundada en 1980 en San Salvador e que ven participando en distintos festivales por toda América Latina e Europa.
A saída do centro farase ás 10:30 horas e o regreso ao mesmo arredor das 13:00 horas.