Estimadas familias , hoxe saen as circulares para solicitar o acceso ao club de ciencias do centro.
- Data límite de entrega das solicitudes o 9 de Outubro á titora.
- Criterio de prioridade 3º->4º->5º->6º // Nenas->Nenos
- Calquer solicitude fóra de prazo estará excluída e pasará a suplencia.
- O vindeiro Venres 11 de Outubro comezará a actividade.
Que é o clube de ciencias? http://clubciencia.ceipdelaredo.com
A 3ª convocatoria do noso Club empezará este Venres 11 de Outubro ás 16h a cargo dun profesional/dinamizador do sector da ciencia educativa. Toda a informa ción do club estará a súa disposición en http://clubciencia.ceipdelaredo.com e nas redes #clubciencialaredo.
As dinámicas das sesións de 60 minutos serán as seguíntes:
- Información da actividade a realizar na aula.
- Desenvolvemento dun proxecto/experimento/dinámica científica na aula. o Continuidade e finalización do proxecto na casa/familia (en caso de non rematar) o Realización de tarefa extraescolar na casa/familia.
- Rexistro da sesión e avaliación por parte do alumnado na casa/familia (informarase o procedemento).
- Quincenalmente o profesor responsable do club pasará informes do grao de aproveitamento do alumno/a á dirección/titores do centro. Os contidos do club versarán sobre os seguíntes eidos STEM, segundo contidos de traballo propostos polas titoras/dirección, a título orienta- tivo:
- Experimentos científicos con fluídos, obxectos, materias, estáticas...
- Uso das TIC e fundamentos, impresión 3d, robótica, montaxe e desmontaxe de obxectos...
- Pequenas construcións de obxectos, ensamblaxes con materias de refugallo/lowcost.
- Proxectos e dinámicas matemáticas, rexistros medicións, temperaturas debuxo técnico básico e dixital...
A singularidade desta oportunidade implica que as familias e o alumno/a comprométanse a:
- Ter un comportamento axeitado (moi importante)
- Realizar as actividades propostas no clube. (en caso de non realizarse excluirase do clube inmediatamente)
- Realizar as actividades e traballos extraescolares (actividades semanais a realizar na casa/familia)
- Colaborar con levar materiais/obxectos refugallo/lowcost de maneira puntual para a realización de determinadas actividades.
- Levar un rexistro puntual das sesións a modo de portfolio personal dixital (cada alumno deberá facer autoavaliacións/valoracións de cada sesión a través do seu correo electrónico/formulario)
- Usar de maneira axeitada o equipamento a utilizar (Impresora 3d, tabletas, portátiles, robots...)
- Asistir de maneira obrigatoria e puntual (salvo casos puntuais debidamente xustificados)
- En caso de condutas contrarias as establecidas o/a alumno/a deixará de participar de xeito inmediato no club.
Prégase ler estas normas na familia co alumno/a e firmar o compromiso en caso de aceptación e entregar esta folla sen recortar an tes do 9 de Outubro a Titora, en caso contrario entenderemos desistida a súa participación e trasladarase a súa plaza a lista de espera