Concurso Carteis "Enchoupate coa Lectura"

Estimadas familias, o día 24 de outubro celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e inauguraremos a nosa biblioteca. Neste día tan especial queremos facervos partícipes elaborando un traballo que servirá para introducir o tema do noso proxecto documental deste ano: H2OooH.

Por iso, León faivos a seguinte proposta:

Elaborar un cartel que ilustre o lema deste curso da nosa biblioteca: Enchóupate coa lectura

Normas:

  • Realizarase un cartel que ilustre o lema da biblioteca: Enchóupate coa lectura, procurando creatividade e orixinalidade.
  • No cartel deberá figurar o lema.
  • Poderá participar todo o alumnado do centro, cunha única obra por alumna ou alumno en colaboración coa súa familia.
  • Os traballos deberán presentarse en media cartolina, (importante manter este tamaño).
  • Deberá estar escrito en lingua galega. - Poderase empregar calquera técnica: collage, témpera, rotuladores...
  • Cada cartel debe ir identificado co nome, apelidos e curso pola parte posterior do traballo. - A data límite de entrega será o venres 18 de outubro.
  • Os traballos entregaránselle á titora.
  • Con todos os carteis faremos unha EXPOSICIÓN que todas e todos poderedes visitar.

ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN. MOITAS GRAZAS!

O Equipo da Biblioteca e Normalización Lingüística