Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

ANPA: Normas Comedor 2019-2020

Estimadas familias usuarias de comedor:

Queremos recordar as normas de comedor para tódolos/as usuarios/as que fagan uso deste servizo.

  • A organización do comedor rexise polas mesmas normas de organización e funcionamento do centro en horario lectivo. (En todo o relacionado a puntualide, conduta, aproveitmento, respeto, uso).
  • O servizo de comedor ten un horario de 13:50 a 16:00 h. Pódense recoller ós nenos/as a partir das 15:15 h. Todos aqueles que cheguen despois das 16:00h firmarán un parte de non puntualidade que de reiterarse terá consecuencias no servizo de comedor consonte as normas de organización e funcionamento do centro.
  • Os pais/nais non poderán acceder ó recinto do comedor por motivos de hixiene. A recollida faise pola nova porta do comedor, sita na entrada.
  • Tódolos nenos/as terán que ter un neceser pequeno cun cepillo de dentes e pasta debidamente identificados.
  • Os nenos/as de infantil poderán traer un mandilón para non mancharse.
  • Lembrade que os nenos de 3 anos teñen que ser autónomos, é dicir, controlar esfínteres e comer de maneira autónoma.
  • O recibo de comedor se mandará por wasap o teléfono que indiquedes, o derradeiro dia de cada mes. O pago do comedor farase por transferencia entre ós dias 1-10 do mes seguinte.