Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Escola de Pais 10-14/06

A vindeira semana temos planificadas no noso centro educativo, as seguintes sesións de Escola de Pais:

OAOA: Matemáticas para a vida:

Data: Martes, 11 de xuño. Hora: 16 horas. Relatora: Nuria Fernández Fariña. (Mestra EI CEIP de Laredo) Destinatarios: Familias Ed. Infantil.

O movemento OAOA, parte da premisa de que todo o mundo está capacitado e apto para as matemáticas, só se debe cambiar a maneira de abordalos...

USO E RISCO DA ADICIÓN ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS:

Data: Mércores, 12 de xuño. Hora: 17:30 horas. Relatora: María Novelle. (Técnica Asociación Érguete) Destinatarios: Familias todos os niveis.

Aclararánse conceptos básicos sobre as redes sociais, TICS, e os dispositivos máis utilizados pola pobla-ción xuvenil. Así mesmo, identificaremos os efectos e as principais consecuencias dun uso abusivo das TICS, e brindaremos as ferramentas e pautas necesarias para fomentar un uso axeitado das mesmas no ámbito familiar e o xeito de tratar unha conducta adictiva.

PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS.

Data: Xoves, 13 de xuño. Hora: 16:00 horas. Relatora: María Novelle. (Técnica Asociación Érguete) Destinatarios: Familias 6º EP.

Logo de que o alumnado de 6º EP levase a cabo un programa de prevención en drogodependencias, mos-trarase ás familias as conclusións obtidas co fin de intentar previr o inicio do consumo e promover neles o desenvolvemento das habilidades necesarias que contraresten o problema das adiccións.

 

Apuntarse en: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaredo/?q=node/58