Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Exposición Século XX Museo-Marco 11-12/06 (Todo o centro)

 

Os días 11 e 12 de xuño o noso alumnado achegarase ao museo MARCO de Vigo para visitar a exposición: Destacados.

A mostra comprende unha selección de pintura, escultura e obra en papel de pezas significativas e icónicas que permiten trazar unha breve panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da historia da arte do século XX. Picasso, Magritte, Delvaux, Tàpies ou Chillida son algúns dos artistas recollidos na exposición e sobre os que traballou o noso alumnado ao longo deste curso adicado o estudo do século XX.

Os grupos visitarán o museo nas seguintes quendas:

  • 4º EI: mércores 12, 11 horas.
  • 5º EP: mércores 12, 11 horas.
  • 6º EI: mércores 12, 12 horas.
  • 1º EP : mércores 12, 11 horas.
  • 2º EP: mércores 12, 12 horas.
  • 3º EP: martes 11, 11 horas.
  • 4º EP: martes 11, 11 horas.
  • 5ºEP: martes 11, 12 horas.
  • 6ºEP: martes 11, 12 horas.

A actividade é de balde e o transporte correrá a cargo do ANPA Penedos.