Maratón Letras Galegas 2019

 

 

A información desta circular (envíase hoxe en soporte papel polos rapaces) pode estar suxeita a cambios, oda a info actualizada en:

http://maraton.ceipdelaredo.com

O vindeiro día 16 de maio, se o tempo o permite, celebraremos o noso XXIII Maratón Letras Galegas, no que participará todo o cole xunto cos outros centros do lugar.

Levaranse a cabo diferentes dinámicas coa seguínte temporalidade:

OBRIGATORIO PARA CORRER NO MARATÓN: UN LIBRO

O alumnado deberá traer un libro da casa para facer un intercambio de libros o día do maratón, un libro usado, pero pregamos que non esté deteriorado e en condicións óptimas, o cal será para intercambiar. Entregarase ás titoras antes do 15 de maio.

Lembrádevos de traer a camiseta do cole o día da carreira, a cal poderá ser mercada a través do ANPA en caso de non tela.

 SAIDAS CARREIRAS

Dende ás 10:40 están previstas as saídas cada 5/10 minutos ata +-12h que será a última carreira de primaria. O horario non é exacto e pode estar suxeito a modificacións.

 CREA A TÚA CHAPA

Con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS queremos animarvos a que participedes na proposta de deseñar unha CHAPA (Asoc. Empresarios de Redondela) para conmemorar a importancia da nosa lingua. O deseño pode estar centrado na figura á que se lle adica o día este ano, ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS,  ou ser atemporal e poñer en valor a nosa lingua cun debuxo, un lema, unha palabra galega fermosa,  unha bandeira,... ou o que se vos ocorra para homenaxeala. Achegamos modelo nesta circular o cal deberá entregarse á titora antes do mércores 15 de maio para poder recollerse nos comercios da zona a partires do luns 20 maio.

 PEGADA DE CARTEIS

Achegamos nesta circular un cartel en branco e negro para que o coloreedes e o coloquedes nos comercios da zona antes do 15 de maio, enviando unha foto testimonial da pegada a
biblio@ceipdelaredo.com.

 COMIDAS / ACTIVIDADES

Os ANPAs xestionarás as comidas e dinámicas varias: photocall+bailes+bookcrossing+xogos populares...

 COLABORACIÓNS

Solicítanse 12 pais/nais para colaborar na organización do maratón (apuntarse no ANPA Macarena a partir do Luns 13 Maio), só os pais/nais colaboradores das ANPAS terán acceso ao centro.

 VENTA LIBROS SOLIDARIA

Haberá un posto de venta de libros que contará coa presenza de Josuha Mateo http://sesemateo.es/