Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Teatro "Guyi, Guyi" Educ Infantil (08/05)

Hoxe mércores, 8 de maio, o alumnado de Educación Infantil, achegarase ao Teatro Gracía Barbón de Vigo para asistir á representación teatral da obra: "Guyi-Guyi". A compañía Perifera de Títeres, preséntannos a Guyi-Guyi, un crocodilo que por azar foi nacer nunha familia de parrulos e que vive feliz con eles ata que un día topa cun crocodilo. Cando se decata de que os crocodilos comen parrulos, o noso protagonista pasará por diferentes dificultades para conseguir ser el mesmo... Trátase dunha obra que é unha adaptación libre do conto "O parrulo feo", que traballa a busca da identidade, tan necesaria na sociedade globalizada.