Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Obradoiro o sabor da aventura está no mar EI+1º+2º (05/04)

O vindeiro venres 5 de abril o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria participarán nun obradoiro enmarcado dentro do programa: "O sabor da aventura está no mar". Ao longo da sesión coñecerán os "arroaces", os protagonistas do proxecto, que son un grupo de nenos que tras comer moito, cada un deles de un peixe en concreto, teñen unhas habilidades especiais que lles outorgan os nutrintes únicos de cada un deles.

E para finalizar, outorgarán a cada alumno unha carta de compromiso para consumir máis peixe, e uns agasallos: unha gorra do programa, unha guía do mar, unhas pegatinas e uns comics dos Arroaces.