Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Contacontos 1º+2º. Sabela Fernández Trelles (04/04)

O vindeiro xoves 4 de abril, o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria participará nunha sesión de contacontos da man de Sabela Fernández Trelles.

A autora visitará o noso centro para falarnos da súa obra "O ladrón de soños" no que o alumnado ven traballando ao longo deste trimestre. Nela, todas as noites, na cidade de Soñovai, Uxío o Mago encárgase de que os nenos e nenas teñan soños marabillosos.

O que non saben aínda é que preto de alí vive o ladrón de soños, que desexa levar canda el todas esas fantasías. Cal pode ser o motivo de que queira roubar as ilusións?...