Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Faladoiro CSIC Mareas Vermellas e doutas Cores 3º+4º (25/03)

O vindeiro luns 25 de marzo o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria participará nun faladoiro titulado: "Mareas vermellas e doutras cores". Da man dunha experta investigadora do CSIC, achegaránse ao fenómeno das mareas vermellas que, malia seu nome, non teñen nada que ver coas mareas nin teñen porque ser vermellas. Pronto comprenderán que en realidade son producidas por algas microscópicas que forman parte do fitoplancton... unha sesión, sen dúbida, do máis interesante!!